Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN NAS INSTALACIÓNS DE PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2011 pola que se anuncia a apertura das convocatorias públicas para a presentación de solicitudes de autorizacións de atracada para embarcacións deportivas (7.ª lista) en todas as instalacións náutico-deportivas xestionadas directamente por Portos de Galicia.
 
 
De conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de portos, e en virtude das facultades conferidas pola Orde do 29 de xaneiro de 1996 (DOG n.º 28, do 8 de febreiro), sobre delegación de competencias no presidente de Portos de Galicia, anúnciase a apertura das convocatorias públicas para a presentación de solicitudes de autorizacións de atracada para embarcacións deportivas (7.ª lista), en todas as instalacións náutico-deportivas xestionadas directamente por Portos de Galicia, que se rexerá polos pregos de bases e de condicións que no seu momento aprobou o presidente de Portos de Galicia para estes efectos, e que están á disposición dos interesados nas oficinas de Portos de Galicia: Zona Norte (rúa Nicomedes Pastor Díaz, 13, 1.º, 27001 Lugo), Zona Centro (avda. Alférez Provisional, 5, 1.º, 15006 A Coruña) e Zona Sur (rúa Benito Corbal, 37, 3.º, 36001 Pontevedra), nas oficinas dos gardapeiraos dos diferentes portos, e na páxina web de Portos de Galicia www.portosdegalicia.com (epígrafe solicitudes de autorización de atracadas). 
 
 
O prazo para a presentación de solicitudes comezará o 5 de setembro de 2011 ás 9.00 horas. 
 
 
Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito nas oficinas mencionadas anteriormente as alegacións que consideren oportunas relativas a esta convocatoria.