Saltar al contenido

Visor de contenido web

Portos de Galicia procederá á liquidación das taxas atrasadas

O pasado 4 de abril, con motivo da crise sanitaria provocada pola Covid 19, Portos de Galicia acordou aprazar a liquidación de todas as taxas dependentes da entidade pública ata dous meses despois da fin do Estado de alarma, a fin de paliar os duros efectos económicos da crise sobre a actividade marítimo portuaria e contribuir coa recuperación de liquidez por parte de todos os axentes antes de emitir os cobros aos que como Administración pública está obrigado. 

Toda vez que ten trascorrido xa dito prazo e dado que Portos de Galicia está sometido á Lei de Taxas, polo que a día de hoxe non se pode facer modificación algunha na obriga de liquidacións, nos vindeiros días procederase a liquidar as taxas pendentes, de xeito progresivo, a partir do mes que figura no seguinte calendario:

 
Usuarios Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro
Mercantes Mensual / quincenal Mensual / quincenal Mensual / quincenal Mensual / quincenal Mensual / quincenal
Convenios acuicultura   1º Semestre     2º Semestre
X-4 Febreiro Marzo / abril Maio / xuño Xullo / agosto Setembro / outubro
X-5 Pte. 1º semestre   2º semestre   Pte. 2º semestre
Departamentos   1º semestre     2º semestre
Terrazas   1º semestre Temporada verán   2º semestre
Subministracións 1º semestre   3º trimestre   4º trimestre
ACIS Pte. 2019
Facturación 2018
    Facturación 2019  
TODP     2º semestre