Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

PORTOS DE GALICIA EXECUTA MELLORAS DE CONSERVACIÓN E MANTEMENTO NO PEIRAO DE CORME, EN PONTECESO

  • Entre as actuacións inmediatas figuran a reposición dos fingers dos pantaláns e a mellora do pavimento

 

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2020.-  A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, está a desenvolver traballos de conservación e mantemento das infraestruturas no peirao de Corme, no municipio coruñés de Ponteceso. Así o comunicou a presidenta do ente público, Susana Lenguas, nunha recente visita á zona.

Nos vindeiros días comezarán ademáis novas obras que atenderán á mellora das instalacións na lámina de auga e incluirán a reposición dos fingers dos pantaláns así como a implantación de medidas preventivas para paliar temporalmente a rotura de táboas e o risco de escorregadas no pavimento dos pantaláns. Estas medidas supoñen unha solución de transición á espera da renovación total do pavimento que Portos de Galicia está a tramitar.

Lenguas Gil transmitiu estes compromisos ao patrón maior da Confraría de Corme e os representantes municipais de Ponteceso durante unha visita de traballo para afondar nas necesidades do sector profesional que opera neste peirao. A presidenta de Portos avaliou diversas peticións dos mariñeiros entre as que se atopan tamén ás relativas a ordenación do peirao, para o que o sector presentará unha proposta propia.

Finalmente, a presidenta de Portos informou tamén de que o organismo autonómico estudiará unha solución técnica para o vial de acceso ao peirao, que presenta problemas de acumulación de pluviais. Deste xeito preténdese mellorar a seguridade viaria nesta zona e minimizar as molestias aos peóns.