Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

PORTOS DE GALICIA REÚNESE CO CONCELLO DE NOIA PARA ABORDAR AS PROPOSTAS DE MELLORA DA ZONA PORTUARIA DO MUNICIPIO

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2020.-  A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, reuniuse esta mañá co alcalde de Noia, José Santiago Freire, para abordar as propostas de mellora referentes á zona portuaria do municipio. Na xuntanza analizaron as actuacións previstas por Portos de Galicia nas instalacións de atraque do porto de Testal e no peirao de Noia, como a pavimentación da explanada de Labarta e a conexión co aparcadoiro dun establecemento comercial existente na zona. Outro dos temas tratados foi o das obras da pasarela anexa ao peirao do concello de Noia, que acaba de finalizar Portos.