Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Volver a la página índice
Atrás

DESTINADOS 15 MILLÓNS DE EUROS Á CREACIÓN DE MÁIS DE 1.000 NOVAS PRAZAS DE AMARRE NOS PEIRAOS AUTONÓMICOS NO QUE VAI DE LEXISLATURA

  • Trátase de actuacións executadas e en tramitación por parte da Consellería do Mar dende o ano 2016 e con elas Galicia contará a finais deste ano con 8.500 prazas de amarre.

Portos de Galicia, destinou no que vai de lexislatura 15 millóns de euros para crear un total de 1.011 novas prazas de amarre nos peiraos de titularidade autonómica. Así o recolle o informe da Consellería do Mar analizado hoxe no Consello da Xunta.

Este informe dá conta do esforzo realizado nos exercicios 2016, 2017 e 2018 para dotar aos peiraos autonómicos de prazas de amarre en pantalán, cumprindo o obxectivo de garantir a maior seguridade para a frota e os usuarios de Portos de Galicia.  Nel reflíctese que o 96% destas prazas destínanse ao sector profesional pesqueiro e da acuicultura.

O investimento total afrontado ascende a 15 millóns de euros en 14 de actuacións que se atopan a día de hoxe xa executadas, en execución ou en tramitación administrativa con partida orzamentaria consignada. Por zonas administrativas, os peiraos que contan con esta nova dotación son cinco na zona centro, que son Muros, O Freixo (Outes), Porto do Son (dúas actuacións), Ribeira, e Cabo de Cruz (dúas actuacións). Na zona sur outros cinco, que son Vilaxoán (Vilagarcía), O Xufre (Illa de Arousa, dúas actuacións), San Tomé (Cambados), O Grove e Campelo (Poio); e un na zona norte, en Foz.

Con estas dotacións, Galicia contará con 8.500 prazas de amarre para os profesionais do mar, para a náutica-recreativa e para as embarcacións tradicionais ao peche do exercicio actual.  

Ademais da habilitación de novas prazas a través da instalación de pantaláns, estas estruturas acompáñanse de medidas e elementos engadidos orientados ao reforzo da seguridade e á maior comodidade dos traballadores do porto. É o caso das dotacións de fingers e brazos de amarre, canalizacións e subministro de luz e auga e emprego de materiais innovadores como a madeira tecnolóxica nos pavimentos.