Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Volver a la página índice
Atrás

FINALIZADA A REPARACIÓN DA BARREIRA DE PROTECCIÓN DAS INSTALACIÓNS NAÚTICAS DO PORTO DE BARALLOBRE

  • A execución das melloras substanciais na barreira de protección foron aprobadas polo trámite de urxencia no Consello da Xunta do pasado 5 de decembro

Fene (A Coruña), 11 de febreiro de 2020.- A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, visitou esta mañá o porto de Barallobre, onde mantivo unha xuntanza cos representantes da confraría de pescadores. Alí puido supervisar os traballos de reparación realizados na barreira de protección das instalacións náuticas deste peirao do concello de Fene, que se vira danada polo temporal Amelie o pasado 3 de novembro.

As obras realizadas, que foron aprobadas de urxencia polo Consello da Xunta do pasado 5 de decembro e que contaron cun investimento de máis de 130.000 euros, supuxeron a reparación da totalidade dos elementos da barreira de protección e das instalacións náutico-recreativas que se viron afectadas polo temporal. Para iso, efectuáronse traballos de xeito inmediato tras coñecerse os danos, como o amarre das pantallas de protección mediante cabos coa finalidade de evitar que quedasen á deriva, a recuperación do material que se soltou da barreira e a retirada de elementos inservibles.

Esta actuación tamén comprendeu a fabricación e subministro das anelas superiores e inferiores que sufriron danos. Ademais, entre os actuacións realizadas tamén estivo o traslado das barreiras desprendidas desde a praia na que quedaron depositadas, que está próxima ao peirao de Barallobre, á rampla de varada e o posterior izado con guindastre á parcela situada no porto para a súa reparación e limpeza da sucidade acumulada pola súa chegada á praia.

Outros labores incluídos nesta obra foron a elevación das barreiras que quedaron suxeitas por cabos, o desmonte das anelas superiores e inferiores rotas e a montaxe das novas. Ademais, unha vez rematados os traballos anteriores, reparáronse os fingers afectados polo temporal nas instalacións náutico-recreativas.