Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Volver a la página índice
Atrás

A PRESIDENTA DE PORTOS DE GALICIA VISITA AS OBRAS DO NOVO MALECÓN DE NOIA.

Noia, 31 de Outubro de 2019.-  A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, visitou hoxe as obras previas á construcción da nova pasarela peatonal do borde costeiro de Noia e que, unha vez rematadas, mellorarán o tránsito peatonal no borde marítimo e darán continuidade ó proxecto que discorre entre o Paseo Marítimo do “Peirao do Marqués” o Malecón de Cadarso e a ponte do “Campo das Rodas”, ó Traverso do Malecón de Gasset.
A titular do ente autonómico percorreu, xunto ó  alcalde de Noia, Santiago Freire, e técnicos do concello, o tramo portuario da fachada litoral onde se están a executar os traballos previos de desmontaxe do pretil de pedra que bordea a fachada marítima. Posteriormene procederáse á instalación da pasarela construída en aceiro inoxidable,  en voladizo, cunha lonxitude de 125 metros e 2,5 de ancho, pavimentada en madeira tropical . Neste treito instalaráse tamén mobiliario urbano dos mesmos materiais.
Esta actuación promovida pola Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vai permitir completar un itinerario incluído polo concello na “Red de Movilidad Sostenible” que recolle traxectos de circulación preferente de peatóns e ciclistas. 
A presidenta de Portos de Galicia subliñou a ambiciosidade do proxecto que ten como obxetivo facer unha ruta circular paralela á línea de costa dende o porto do Testal ata a Ponte Nova da vila.
Susana Lenguas aproveitou tamén o desplazamento a este porto para facer unha visita - xunto co Patrón Maior da Confraría de Noia, Santiago Cruz,- polas diferentes instalacións do peirao de Testal.