Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Volver a la página índice
Atrás

Portos de galicia inicia a licitación da reparación da cuberta e a fachada da lonxa de muxía

  • A actuación sae a concurso cun orzamento de 230.000 euros e contempla a impermeabilización do edificio

 

Muxía (A Coruña), 20 de novembro de 2020.-  A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de iniciar o procedemento de licitación das obras de reparación da cuberta e a fachada da lonxa de Muxía. Así llo trasladou esta mañá a presidenta do ente público, Susana Lenguas, ao patrón maior da confraría de pescadores da localidade nunha reunión de traballo mantida na sede da entidade.

Susana Lenguas explicou que esta actuación sae a licitación cun orzamento base de 230.000 euros, IVE incluído. Polo que respecta á obra, subliñou que consiste fundamentalmente na renovación da cuberta e a fachada do edificio para a súa impermeabilización co obxectivo de corrixir o seu estado de corrosión.

O proxecto das obras inclúe ademais a reparación dalgúns elementos estruturais afectados tamén pola corrosión. O prazo de execución previsto para os traballos é de tres meses desde a data de contratación.