Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Volver a la página índice
Atrás

REMATAN AS OBRAS DE RENOVACIÓN DO BOMBEO DE AUGAS SUCIAS DA LONXA DE BUEU

  • O novo sistema permite maior eficiencia enerxética ao rebaixar nun 40% o consumo e facilitar a evacuación dun maior volume de auga

 

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2020.-  Portos de Galicia vén de recepcionar as obras de instalación dun novo sistema de bombeo de augas sucias na lonxa do municipio pontevedrés de Bueu. Os traballos consistiron na substitución das bombas existentes ata o momento por outras específicas para a evacuación de augas residuais, así como na instalación dun novo cadro de mando máis funcional.

Esta actuación persegue un dobre obxectivo ao modernizar a instalación e permitir unha maior eficiencia enerxética. Neste sentido, o novo bombeo aporta datos telemáticos do seu funcionamento, alerta ante calquera incidencia e rebaixa nun 40% o consumo eléctrico á vez que facilita a evacuación dun maior volume de auga. Estas melloras están na liña das realizadas noutros peiraos como os de Tragove e Cangas.

No porto de Bueu tamén están en execución as obras de reparación da escaleira de gato do peirao de mexilloneiros, unha actuación que inclúe a reposición das defensas laterais das escaleiras e equipamentos de seguridade.