Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Volver a la página índice
Atrás

PORTOS DE GALICIA ESTUDA CO CONCELLO DE ORTIGUEIRA AS NECESIDADES PORTUARIAS DA ZONA

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2020.- A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, reuniuse hoxe co alcalde de Ortigueira, Juan Vicente Penabad, co obxectivo de avaliar as necesidades portuarias e municipais dese concello. Na reunión, o rexedor de Ortigueira trasladou, entre outras, as propostas para a restauración do pavimento do porto e tamén cuestións relativas ao alumeado da zona do náutico e ao peirao de Espasante. Unhas cuestións que, tal e como lle expuxo a presidenta do ente público, serán analizadas co obxecto de ser subsanadas.