Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Acordo do 15 de maio de 2018, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha modificación substancial, por ampliación de prazo extraordinario e ampliación de usos, da concesión administrativa outorgada a Iris Cruña, S.L. para construír unha planta frigorífica e de conxelación de peixe no dominio público portuario de Sada (expediente 12-13-87-C-1)

Estase a tramitar unha modificación substancial por ampliación de prazo extraordinario e ampliación de usos da concesión administrativa outorgada a Iris Cruña, S.L. para a construción dunha planta frigorífica e de conxelación de peixe no dominio público portuario de Sada, de acordo co documento técnico base para tramitar a modificación substancial da concesión outorgada a Iris Cruña, S.L., asinado o 31 de xullo de 2017 polo enxeñeiro técnico industrial Josué Otero Nogueira (colexiado número 4538).

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 15 de maio de 2018

Lorena Solana Barjacoba

Xefa da Zona Centro