Volver ao contido

Contido web

NOTA INFORMATIVA

En relación cos acontecementos ocorridos no porto de A Pobra do Caramiñal neste ano e no ano pasado, relativos a vertidos ilegais desde buques coa correspondente contaminación da lámina de auga, dada a gravidade do asunto, queremos recordarlles a obrigatoriedade do cumprimento da lexislación vixente e, en concreto, o seguinte:

Advertir que todo vertido non autorizado desde buques, xa sexa de produtos sólidos, líquidos ou gasosos realizados en Zona I, interior das augas portuarias, constitúe por aplicación no art. 116.1.b) da Lei 27/1992, de 24 de novembro de Portos do Estado e da Mariña Mercante, modificada pola Lei 62/1997, de 26 de decembro, unha infracción administrativa moi grave relativa ao uso do porto e ao exercicio de actividades que se prestan nel, e pola que, por aplicación do establecido no art. 120.3.a) da citada Lei, puidera sancionarse cunha multa de ata 601.012,10 euros, e tamén que polo establecido no art. 118.1.b. da citada Lei, e ao tratarse dunha infracción relacionada coa estancia do buque no porto, o consignatario é responsable solidario co navieiro.

 

O que poño no seu coñecemento, advertíndolles que, no caso de que se produzan este tipo de infraccións nos portos de competencia deste Ente público, en particular no porto de A Pobra do Caramiñal, iniciarase o correspondente procedemento administrativo sancionador común, en cada caso; polo que se prega, advirtan da obrigatoriedade do cumprimento da normativa vixente aos Fretadores, Armadores e Capitáns dos buques que consignen.

O DIRECTOR

José Ignacio Villar García