Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Explotación de instalacións de "Bar / Cafetaría da Lonxa do porto de Portonovo” (Pontevedra).)

Infórmase de que o anuncio de licitación pola que se fai público o concurso público (procedemento aberto sistema multicriterio) para  a selección de oferta de proxecto concesional e posterior tramitación como concesión administrativa de ocupación dominio público portuario con destino a explotación de instalacións de bar –cafetaría da lonxa do porto de Portonovo, atópase publicado, dende o día 21 de abril de 2020, no perfil de contratante, ao que se poderá acceder a través do seguinte enderezo:

https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=701857&OR=34&ID=801&S=C&lang=gl

 

No dito perfil poderán descargarse os Pregos relativos á licitación referida e, a través do mesmo, calquera interesado poderá obter neste a información relativa ao procedemento de contratación e realizar o seu seguimento.

 

NOTA IMPORTANTE:

Non obstante, considerando o establecido na Disposición Adicional Terceira do RD 463/2020, do 14 de marzo, que declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 os termos e prazos establecidos no presente anuncio quedan suspendidos. Estes prazos, e no seu caso, os termos que sexan de aplicación, reanudaranse o mesmo día en que perda vixencia o citado real decreto, ou no seu caso as prórrogas deste"