Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

COMEZA A INSTALACIÓN DOS MÓDULOS DE DIQUE DE ABRIGO ABOIANTE NO PEIRAO DA MOSQUEIRA, EN MOAÑA

  • A actuación conta cun orzamento de máis de 650.000 euros e a súa finalización está prevista para vindeiro mes de setembro

 

Santiago, 23 de xuño de 2020.-  A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ten en execución as obras de construción dun dique de abrigo aboiante no peirao da Mosqueira, no municipio pontevedrés de Moaña. Nas últimas horas vén de dar comezo a instalación na lámina de auga dos módulos que conforman a estrutura de contención.

A actuación, iniciada o pasado mes de marzo, consiste na construción e instalación de 140 metros de crebaondas de formigón mediante 7 módulos de 5 metros de ancho e 20 de lonxitude cada un. Estas obras cimentaranse mediante liñas de fondeo formadas por cadea de 40 milimetros.

As obras do dique aboiante da Mosqueira contan cun orzamento de máis de 650.000 euros e segundo os prazos de execución previstos de non producirse ningunha incidencia imprevista quedarán rematadas o vindeiro mes de setembro.

 

Dragaxe en Meira

Tamén no municipio de Moaña, no peirao de Meira, vén de quedar rematada a obra de dragaxe da dársena pesqueira. As obras consistiron fundamentalmente na extracción de area fina e areas fangosas en parte da dársena ata alcanzar a cota -2,00. O total de material dragado foi de máis de 14.000 metros cúbicos nunhas superficie de 8.700 metros cadrados situada na zona norte-nordés do porto.