Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

COMEZA A OBRA DE INSTALACIÓN DUN PANTALÁN PARA A DESCARGA DA PESCA NO PORTO DE COMBARRO, EN POIO

  • A actuación foi solicitada pola confraría de pescadores da localidade

 

Santiago, 12 de xuño de 2020.-  Portos de Galicia vén de iniciar as obras de instalación dun pantalán para a descarga da pesca no porto de Combarro, no municipio pontevedrés de Poio. Esta actuación dá resposta a unha solicitude trasladada ao ente público pola confraría de pescadores de Raxó-Combarro.

A actuación consiste na instalación de dous módulos de pantalán de 12 e 10 metros de lonxitude procedentes do almacén do que dispón Portos de Galicia no peirao de Tragove, previa adecuación dos seus materiais e elementos de flotación ás necesidades do peirao de Combarro. Ademais, estase a instalar unha chapa metálica no pantalán a modo de escalón para facilitar o acceso ás escaleiras do peirao.

Finalmente, os traballos remataranse coa colocación dunha varanda de protección no tramo do cantil coincidente coa caída ao novo pantalán. O prazo de execución das obras, xa en marcha é de dous meses polo que se prevé que, de non producirse incidentes inesperados, queden rematadas o vindeiro mes de agosto.

A actuación conta cun orzamento de preto de 10.000 euros e redundará na mellora das condicións de traballo do sector profesional que opera no porto de Combarro.