Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

CREACIÓN DUN GRUPO DE TRABALLO COA FEGAMP PARA ANALIZAR ASPECTOS RELACIONADOS COS ESPAZOS PORTUARIOS

Santiago, 11 de xullo de 2018.- A Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) acordaron hoxe crear un grupo de traballo para analizar cuestións relacionadas cos espazos portuarios. Foi durante a xuntanza celebrada hoxe entre o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, a directora xeral de Administración local, Marta Fernández-Tapias, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García. A esta reunión tamén asistiron outros representantes da Fegamp.