Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

PORTOS DE GALICIA AGARDA COMENZAR EN BREVE O DRAGADO DO PORTO DE CELEIRO.

Santiago, 28 de outubro de 2019.- A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, trasladoulle onte ós dirixentes da Cofradía e do Porto de Celeiro, a intención do ente autonómico de iniciar en breve as obras de dragado do muelle pesqueiro de Celeiro. Previamente ó inicio, daráse traslado ó sector da planificación dos traballos nas distintas zonas, cuias cotas de dragado se reparten entre a -2 y a -8 según as necesidades de cada dársena.

 A inminente execución dos traballos ven de satisfacer unha vella demanda do porto pesqueiro desta localidade para mellorar a operatividade dos buques que teñen limitada a súa capacidade debido a sedimentación de materiais. Na reunión mantida no día de hoxe, a que asitiron técnicos de Portos de Galicia, analizouse tamén  a ampliación do plazo de concesión da lonxa  pondo en valor a inversión que este porto fai en dereitos de pesca.

Outros dos asuntos tratados nesta xuntanza foron os que se refiren á necesidade de recrecido da espaldeira do espigón do muelle norte.- que ten como fin evitar  rebases durante temporais-, o pantalán de baixura artesanal e a viabilidade de construcción dun  almacén de caixas do peixe para o cal o pósito de Celeiro ten xa un proxecto feito dende hai anos.