Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

PORTOS DE GALICIA AVALÍA AS NECESIDADES PORTURIAS DO PINDO CO CONCELLO DE CARNOTA

Santiago, 17 de febreiro de 2020.- A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, reuniuse hoxe co alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, co obxectivo de avaliar as necesidades portuarias da parroquia carnotá do Pindo. Na xuntanza o rexedor manifestou o interese do Concello en contar cun pantalán no peirao do Pindo, unha solicitude que, tal e como lle expuxo a presidenta do ente público, será estudada para valorar a súa viabilidade dentro do proxecto que Portos de Galicia ten previsto realizar e desenvolver para a mellora de abrigo e do pantalán para embarcacións menores no Pindo.