Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Portos de Galicia inclúe no servizo de redacción de proxectos a dragaxe e ampliación de prazas no porto de Burela

  • A presidenta do ente público informou de planificación de ambas actuacións ao alcalde do municipio nunha reunión de traballo

 

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2020.-  Portos de Galicia ven de sacar a licitación o servizo de redacción de proxectos para actuacións en medio centenar de peiraos autonómicos, entre as que se inclúen a dragaxe e ampliación de prazas na dársena de Burela. Así llo comunicou esta mañá a presidenta do ente público, Susana Lenguas, ao alcalde do municipio lucense nunha reunión de traballo.

Lenguas Gil informou ao rexedor de que se trata dunha planificación de actuacións para os vindeiros exercicios e cuxa tramitación, no caso da dragaxe, é un procedemento de gran complexidade suxeito a unha extensa tramitación ambiental. Canto á ampliación de prazas estará supeditada tamén a tramitación ambiental e á dragaxe previa da dársena.

Durante o encontro, ambas administracións acordaron asinar un convenio de colaboración para permitir ao Concello actuar sobre dúas rotondas no vial de acceso ao peirao, de titularidade portuaria, e iniciar os trámites para a dotación de fibra óptica á nave de Expomar de Burela.

A presidenta de Portos lembrou que estas actuacións uniránse ás que xa ten en execución o ente público no municipio, como o segundo martelo e a recentemente reparada cuberta da nave de Expomar. Finalmente, o ente público está a piques de rematar o proceso de licitación da obra de mellora da nave de redes.