Volver ao contido

Publicador de contidos

Volver á páxina Índice
Atrás

A CONSELLEIRA DO MAR, ROSA QUINTANA, VISITOU O PORTO E A LONXA DA GUARDA

A Xunta prevé rematar en seis meses a reparación e reforzo do dique do Porto da Guarda danado en febreiro polo temporal Kurt
  • Esta obra supón un investimento de 834.000 euros e é a máis destacada das requiridas polos danos do temporal.
  • Os traballos deron comezo nos últimos días, foron tramitados polo procedemento de emerxencia e céntranse na reposición do dique e do contradique que sufriran derrubes parciais debido ao impacto das ondas.
  • A Consellería do Mar tamén acometeu melloras na lonxa dese municipio, onde habilitou unha zona para uso da confraría de pescadores da localidade.