Volver ao contido

Publicador de contidos

Volver á páxina Índice
Atrás

INICIO DAS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DE PANTALÁNS PESQUEIROS NO PORTO DE CABO DE CRUZ, EN BOIRO

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou hoxe o peirao de Cabo de Cruz, en Boiro.

  • Invistiranse máis de 700.000 euros nesta dotación que mellorará as condicións de traballo do sector profesional pesqueiro
  • Crearanse prazas de amarre para 125 embarcacións de esloras ata 10 metros

Boiro (A Coruña), 23 de xuño de 2017.- 

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de iniciar as obras  de construción dos pantaláns para embarcacións pesqueiras no peirao de Cabo de Cruz, no municipio coruñés de Boiro. Esta mañá a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou as obras que se están a realizar na zona. 

A titular de Mar informou de que os traballos contan un orzamento de máis de 700.000 euros e que permitirán mellorar as condicións de traballo do sector profesional pesqueiro. Así mesmo, avanzou que Portos de Galicia estima que as obras de construción dos pantaláns quedarán rematadas no vindeiro outono. 

Ademais, a conselleira explicou que esta dotación permitirá crear prazas de amarre para 125 embarcacións de esloras ata 10 metros. Unha capacidade que dará resposta á totalidade da demandas existente na actualidade e ademais reserva máis de 30 prazas libres para ocupar no futuro.  

Deste xeito, subliñou Rosa Quintana, a Xunta de Galicia afonda no compromiso de dar resposta ás necesidades do sector profesional de Cabo de Cruz que se iniciou coa dotación de abrigo a través da creación dunha nova dársena na que se investiron 12 millóns de euros. Ademais, engadiu que a Consellería do Mar seguirá avanzando neste compromiso coa licitación nos vindeiros meses das obras de construción de pantaláns para 4ª lista (embarcacións mexilloeiras).

Neste caso, proxéctanse 139 prazas de amarre para esloras comprendidas entre os 12 e 22 metros. Así mesmo, proxéctase a instalación dun dique flotante de 5 metros de anchura que se situará na parte máis exposta da dársena. Este proxecto técnico está xa rematado e sairá a licitación nos vindeiros meses cun orzamento de preto de 7 millóns de euros.