Volver ao contido

Publicador de contidos

Volver á páxina Índice
Atrás

PORTOS DE GALICIA DESTACA O AVANCE NO PLANEAMENTO PORTUARIO NA COMUNIDADE PARA CAPTAR INVESTIMENTO NOS PEIRAOS

O presidente do ente público lembrou en rolda de prensa que 35 peiraos contan xa con DEUP aprobado e 2 máis están en proceso

Santiago, 2 de marzo de 2018.- Portos de Galicia, ten realizado un importante avance en materia de planeamento portuario co obxectivo de captar e afianzar investimentos nos peiraos. Así o subliñou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha rolda de prensa na sede do organismo en Santiago, para facer balance desta materia a nivel global de Galicia.

Durán Hermida explicou que nos últimos 4 anos o ente público ten avanzado na elaboración das dúas ferramentas que rexen o planeamento portuario, os documentos de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP) –os coñecidos como Plans de Usos- e os Plans Especiais. Ambas ferramentas permiten zonificar os solo dos peiraos e ordenar a actividade que se desenvolve nel.

No caso dos DEUP, trátase de documentos de carácter global que recollen a distribución actual e prevista para o futuro das actividades que se desenvolven nun porto. En canto aos plans especiais, son ferramentas de carácter máis concreto, que rexen as características urbanísticas dunha parcela ou superficie portuaria. Este regula o réxime de concesións, as ordenanzas para o desenvolvemento das parcelas e os volumes construtivos.

Durán Hermida explicou que a día de hoxe, Portos de Galicia ten aprobados 35 DEUP en Galicia. Trátase dos portos de Noia, Viveiro, Camariñas, Baiona, O Grove, O Freixo, Boiro, A Illa, Canido, Porto do Son, Moaña, Vilaxoán, Cambados, Brens-Cee, A Toxa, Cariño, Vilanova, Portonovo, Foz, Ribadeo, Meloxo, Rianxo, Sanxenxo, Ares, Fisterra, Pontedeume, Combarro, Sada-Fontán, Portosín, Lorbé, Bueu-Beluso, Panxón, A Guarda-A Pasaxe, Muros e Cangas. Así mesmo, atópanse en trámite os de Muxía e A Pobra e en redacción, 8, os de Cedeira, Aldán, Laxe, Malpica, Aguiño, Maniños-Barallobre, Ribeira e Burela. Polo que respecta a Plans Especiais, hai 3 aprobados, en Baiona, O Grove-A Toxa e Sanxenxo, e 6 en tramitación, que son, Canido, Sada-Fontán, Combarro, Foz, Cambados e Ribadeo.

Na súa intervención o presidente de Portos de Galicia subliñou que estas ferramentas de planeamento do solo portuario aportan “maior seguridade xurídica a todas as edificacións portuarias e son unha maior garantía para o asentamento de empresas, polo que atraen investimento e xeración de emprego para os peiraos autonómicos”.