Publicador de contidos
Acordo do 15 de maio de 2018, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha modificación substancial, por ampliación de prazo extraordinario e ampliación de usos, da concesión administrativa outorgada a Iris Cruña, S.L. para construír unha planta frigorífica e de conxelación de peixe no dominio público portuario de Sada (expediente 12-13-87-C-1)
Estase a tramitar unha modificación substancial por ampliación de prazo extraordinario e ampliación de usos da concesión administrativa outorgada a Iris Cruña, S.L. para a construción dunha planta frigorífica e de conxelación de peixe no dominio público portuario de Sada, de acordo co documento técnico base para tramitar a modificación substancial da concesión outorgada a Iris Cruña, S.L., asinado o 31 de xullo de 2017 polo enxeñeiro técnico industrial Josué Otero Nogueira (colexiado número 4538).
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.
A Coruña, 15 de maio de 2018
Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro
Elementos relacionados:
- DOG 126 do 3 de xullo de 2018 co acordo do 15 de maio de 2018 polo que se somente información pública a tramitación dunha modificación da concesión outorgada a Iris Cruña para construir unha planta frigorífica e de conxelación no porto de Sada
- Documento técnico base para tramitar a modificación da concesión de Iris Cruña en el puerto de Sada (en castelán)
- Plano superficies concesionais planta frigorífica e de conxelación no porto de Sada (31-05-2018)