Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

ACORDO do 14 de febreiro de 2020, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación da concesión administrativa solicitada por Talleres Baña, S.L. para taller mecánico de reparación naval e montaxe de motores mariños, no dominio público portuario de Ribeira (expediente 12-48-19- C-1).

 Estase tramitando unha concesión administrativa solicitada por Talleres Baña, S.L., para seguir ocupando, no dominio público portuario de Ribeira, unha nave para almacén e ta­ller mecánico e reparación naval e montaxe de motores mariños, de acordo co plano das instalacións.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de de­cembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

 

A Coruña, 14 de febreiro de 2020

 

Lorena Solana Barjacoba

Xefa da Zona Centro