Volver ao contido

Ao longo dos seus 1.720 quilómetros de costa, a nosa Comunidade Autónoma conta con 129 portos. Deles, a Xunta de Galicia, a través do ente público PORTOS DE GALICIA, adscrito á Consellería do Mar, xestiona directamente 122. Os outros seis, de maior dimensión e de interese xeral do Estado, dependen do Ministerio de Fomento e son xestionados por cinco Autoridades Portuarias: Vigo, Marín, Vilagarcía, A Coruña e Ferrol-San Cibrao.

PORTOS DE GALICIA

O ente público Portos de Galicia dotado de personalidade xurídica e patrimonio propio, ten encomendadas as competencias de planificación, construción, explotación, conservación e avance dos 123 portos dependentes, da Xunta de Galicia.

ORGANIZACIÓN TERRITORIAL

O gran número de portos e a súa distribución xeográfica é a razón pola que a organización territorial de Portos de Galicia está organizada en catro centros de traballo:

Servizos Centrais, emprazados en Santiago de Compostela
Zona Norte xestiona 16 portos desde Ribadeo ata Redes
Zona Centro, xestiona 61 portos desde Mugardos ata Rianxo
Zona Sur, xestiona 45 portos desde Pontecesures ata Tui

ACTIVIDADES E DATOS RELEVANTES

Nas instalacións portuarias de Galicia, desenvólvense tres tipos de actividades:


As relacionadas coa pesca e o marisqueo
As comerciais, coa carga e descarga de diversas mercadorías (pasta de papel, dunita, aceiro, túnidos conxelados...) a través de oito portos: Ribadeo, Burela, Celeiro, Cariño, Laxe, Cee, Ribeira e A Pobra
As náutico deportivas. Estas, en crecente demanda, supoñen na actualidade un catalizador para o sector turístico en Galicia e por conseguinte un importante dinamizador económico.

Infraestruturas dispoñibles, datos mais relevantes:

122 instalacións.
16 quilómetros de diques de abrigo
31 quilómetros de peiraos cun calado máximo de 9 metros
7.947 prazas de ate para embarcacións deportivas,
20.500 metros de atracada en pantalánes
3.024.000 metros cadrados de superficie total
5.055.000 metros cadrados de superficie total lámina de auga abrigada
Tráficos portuarios en 2008, datos máis relevantes:
 

Datos ano 2014

Sector comercial:

Mais de 2 millóns de toneladas de mercadorías.
14.661Toneladas pesca conxelada descargada (principalmente túnidos).

1,2 millóns de pasaxeiros tráfico local e turístico.
487 buques entrados nos portos

Sector pesca fresca, marisqueo e acuicultura:

102.051 Toneladas de pesca fresca que supuxeron un valor en primeira venda de 240,9  millóns de euros.
250.000 Tn de mexillón descargado
3.500 bateas e 848 barcos asistir.

Sector náutico deportivo:

Portos de Galicia está a potenciar a creación de novas instalacións náutico deportivas nos diversos portos do litoral galego. O ente público, directa ou indirectamente, xestiona na actualidade 23 instalacións náutico deportivas cun total de mais de 7.947 prazas de atracada.