Web Content Display
O Artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de octubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, establece o dereito e a obriga de relacionarse coas Administracións Públicas nos seguintes casos:
- En todo caso, estarán obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións Públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo, polo menos, os seguintes suxeitos:
- As persoas xurídicas.
- As entidades sen personalidade xurídica.
- Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
- Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
- Os empregados das Administracións Públicas para os trámites e actuacións que realicen con elas por razón da súa condición de empregado público, na forma en que se determine regulamentariamente por cada Administración.
Procedementos que poden tramitarse de xeito electrónico
Os seguintes procedementos de Portos de Galicia poden tramitarse en liña dende a sede electrónica da Xunta de Galicia:- Procedemento IF500A: Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da comunidade autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.
Consultar información polo miúdo
- Procedemento IF500B: Autorización de ocupación de dominio público portuario, en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Consultar información polo miúdo
- Procedemento IF500C: Prórroga da autorización de ocupación de dominio público portuario, en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia..
Consultar información polo miúdo
- Procedemento IF501A: Autorización temporal de uso de posto de atracada, en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, outorgada por Portos de Galicia, para barcos con base no porto.
Consultar información polo miúdo
- Procedemento IF502A: Práctica da pesca marítima de recreo en superficie en zonas de servizo dos portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Consultar información polo miúdo
- Procedemento IF503A: Utilización de atraque en pantalán, fondeo e depósito en seco en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, para embarcacións profesionais de 3ª, 4ª e 5ª lista.
Consultar información polo miúdo
- Procedemento IF504A: Autorización de prestación do servizo de manipulación da carga, que comprende a carga, a estiba, a descarga, a desestiba e o transbordo de mercadorías.
Consultar información polo miúdo
- Procedemento IF504B: Autorización de autoprestación do servizo á pasaxe, que comprende o embarque e desembarque de pasaxeiros e pasaxeiras, así como a carga e descarga de equipaxes e vehículos.
Consultar información polo miúdo
- Procedemento IF504C: Autorización de actividade comercial portuaria de consignación de buques.
Consultar información polo miúdo
- Procedemento IF504D: Autorización de actividade comercial portuaria de posta á disposición de medios mecánicos.
Consultar información polo miúdo
- Procedemento IF504E: Autorización de actividade comercial portuaria de subministración de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Consultar información polo miúdo
- Procedemento IF505A: Autorización de autorización de acceso, modificación e baixa das instalacións portuarias controladas por barreiras físicas e para uso de puntos de fornecemento de auga e electricidade.
Consultar información polo miúdo