Skip to Content

Asset Publisher

Back

Acta da xuntanza do 24 de Febrerio do 2022 da comisión permanente do proceso de elaboración dunha lista de contratación temporal na categoría profesional de celador/a gardapeiraos pola que se fai pública a lista coa puntuación provisional tras a actuación de méritos con indicación xeográfica solicitada.

En Santiago de Compostela, sendo as 10:00 horas do día 24 de febreiro de 2022, reúnese a Comisión Permanente de Portos de Galicia correspondente ao proceso de elaboración dunha lista de contratación temporal na categoría profesional de celador/a garda peiraos nomeada por resolución da Presidenta de Portos de Galicia o 8 de xaneiro de 2020.

En ningún dos membros da Comisión Permanente concorren causas de abstención das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público, nin algunha das circunstancias previstas no artigo 59.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia.

O motivo da xuntanza é o exame das solicitudes de actualización de méritos presentadas polos candidatos admitidos neste proceso de conformidade co previsto na Base Décima aprobada pola citada resolución da Presidenta de Portos de Galicia de 8 de xaneiro de 2020 segundo a cal "a actualizacion de meritos á experiencia e formacion avaliables de conformidade co baremo que se recolle no axexo II destas bases poderá presentarse no mes de xaneiro de cada ano empregando o modelo de solicitude que estará a disposición das persoas interesadas na páxina web www.portosdegalicia.es. A soliciturde de actualización deberá de acompañarse da documentación requerida que se indica nestas bases e no baremo."