Asset Publisher
Acta da xuntanza do 17 de marzo de 2022 da comisión permanente do proceso de elaboración dunha lista de contratación temporal na categoría profesional de celador/a garda peiraos pola que se fai pública a lista coa puntuación definitiva tras a actualización de méritos con ubicación xeográfica solictada
En Santiago de Compostela, sendo as 10:00 horas do día 17 de marzo de 2022, reúnese a Comisión Permanente de Portos de Galicia correspondente ao proceso de elaboración dunha lista de contratación temporal na categoría profesional de celador/a garda peiraos nomeada por resolución da Presidenta de Portos de Galicia o 8 de xaneiro de 2020.
En ningún dos membros da Comisión Permanente concorren causas de abstención das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público, nin algunha das circunstancias previstas no artigo 59.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia.
O motivo da xuntanza é o de elevar a proposta de puntuacións contidas na acta de 24 de febreiro de 2022 para a súa aprobación como puntuación definitiva, ao mesmo tempo que ratificarse na resposta razoada ás dúas reclamacións que constan como presentadas dentro de prazo.