Asset Publisher
Acta da xuntanza do 21 de Febreiro de 2024 da comisión permanente do proceso de elaboración dunha lista de contratación temporal na categoría profesional de celador/a gardapeiraos
En Santiago de Compostela, sendo as 11:00 horas do día 21 de febreiro de 2024, reúnese a Comisión Permanente de Portos de Galicia correspondente ao proceso de elaboración dunha lista de contratación temporal na categoría profesional de celador/a garda peirao nomeada por resolución da Presidenta de Portos de Galicia o 8 de xaneiro de 2020. Comparecen por videoconferencia Antonio López Fernández.
En ningún dos membros da Comisión Permanente concorren causas de abstención das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público, nin algunha das circunstancias previstas no artigo 59.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia.
O motivo da xuntanza é publicar a proposta da actualización de méritos contidos na acta de 21 de febreiro de 2024.