Asset Publisher
Acta da xuntanza do 28 de febreiro de 2023 da comisión permanente do proceso de elaboración dunha lista de contratación temporal na categoría profesional de celador/a gardapeiraos
En Santiago de Compostela, sendo as 11:00 horas do día 28 de febreiro de 2023, reúnese a Comisión Permanente de Portos de Galicia correspondente ao proceso de elaboración dunha lista de contratación temporal na categoría profesional de celador/a gardapeirao nomeada por resolución da Presidenta de Portos de Galicia o 8 de xaneiro de 2020. Comparecen por videoconferencia Antonio López Fernández e Manuel Bautista Lorenzo.
En ningún dos membros da Comisión Permanente concorren causas de abstención das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público, nin algunha das circunstancias previstas no artigo 59.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia.
O motivo da xuntanza é publicar a proposta de actualización de méritos contidas na acta do 28 de Febreiro de 2023; ao mesmo tempo a comisión como consecuencia da revisión resultante de reclamacións pendentes en vía administrativa e xurisdicional contencionso-administrativa e ao abeiro do artigo 39/2015 do Procedemento Administrativo común das Administracions Públicas procede a realizar correccións puntuais na baremación dos méritos da lista de contratación.