Asset Publisher
Acta da xuntanza do 29 de Marzo de 2023 da comisión permanente do proceso de elaboración dunha lista de contratación temporal na categoría profesional de celador/a gardapeiraos
En Santiago de Compostela, sendo as 12:00 horas do día 29 de marzo de 2023, reúnese a Comisión Permanente de Portos de Galicia correspondente ao proceso de elaboración dunha lista de contratación temporal na categoría profesional de celador/a gardapeirao nomeada por resolución da Presidenta de Portos de Galicia o 8 de xaneiro de 2020. Comparecen por videoconferencia Antonio López Fernández e Manuel Bautista Lorenzo.
En ningún dos membros da Comisión Permanente concorren causas de abstención das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público, nin algunha das circunstancias previstas no artigo 59.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia.
O motivo da xuntanza é o de elevar a proposta de puntuacións contidas na acta do 08 de marzo de 2023 para a súa aprobación como puntuación definitiva, ao mesmo tempo que se ratifica na resposta razoada a única reclamación feita e que consta como presentadas dentro de prazo.