Asset Publisher
A xunta de galicia adxudica as licenzas de practicaxe de buques para cariño, burela, viveiro, cee, laxe, corcubión e sada
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o outorgamento dos dous permisos para as tarefas técnicas que permiten a entrada de embarcacións de grande tonelaxe e o seu amarre e desamarre aos comerciais de titularidade autonómica.
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2024.- A Conselleira do Mar, a través de Portos de Galicia, adxudicou dúas licencias para a realización de servizos portuarios especiais técnico-náuticos de practicaxe e de amarre e desamarre de buques en todos os portos comerciais da comunidade. Así se recolle hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG).
O anuncio da conta do outorgamento das licencias necesarias para os traballos técnicos que permiten a entrada, así como o amarre e desamarre de embarcacións de grande tonelaxe, aos portos de carácter comercial de titularidade autonómica. En concreto outórgase por 10 anos a licencia para a practicaxe nos portos de Cariño, Burela e Viveiro-Celeiro e por 5 anos prorrogables a dos portos de Cee, Laxe, Corcubión e Sada. En ambos casos recóllense compensacións económicas da administración ao prestador do contrato para garantir a súa rendibilidade.
Mediante a concesión destas licenzas, a Xunta busca garantir unha xestión eficiente e segura dos servizos de practicaxe e amarre e desamarre de buques, reforzando as capacidades estratéxicas dos portos implicados. As tarifas e condicións dos permisos concedidos parten dos pregos aprobados polo Consello Reitor de Portos de Galicia, garantindo a transparencia e a competitividade dos servizos, así como o equilibrio económico a través das compensacións establecidas.