Skip to Content

Asset Publisher

Back

A xunta de galicia aprobará mañá unha partida de 3 millóns para dragar o lérez en pontevedra á espera de que o goberno central desbloquee o proxecto

  • O presidente de Portos de Galicia mantivo unha reunión de traballo co presidente da Federación de Confrarías de Pontevedra e a patroa maior de Lourizán para informar do estado de tramitación da obra que permitirá recuperar calado e impulsar o marisqueo

 

Pontevedra, 16 de outubro de 2024.- A Xunta de Galicia aprobará mañá unha partida plurianual de 3 millóns de euros para as obras de dragaxe do río Lérez e a canle de acceso ao porto de Pontevedra, á espera de que o Goberno central autorice un punto de vertido para os áridos desta obra e desbloquee así o proxecto, paralizado desde 2021 por este motivo. Así o avanzou esta mañá o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, nunha visita á Confraría de pescadores de Lourizán, na que mantivo unha reunión de traballo co presidente da Federación de Confrarías da provincia de Pontevedra e a patroa maior de Lourizán, parte dos principais beneficiarios desta actuación.

Álvarez Vidal, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, trasladou aos representantes do sector pesqueiro e marisqueiro, que veñen demandando esta actuación desde hai máis dunha década, que con esta partida económica, que se incluirá nos orzamentos xerais da Xunta para o 2025, o Executivo galego confirma o seu compromiso firme coa execución dos traballos. Deste xeito darase resposta a unha demanda histórica de recuperación de calado e impulso ao marisqueo cuxa tramitación depende a día de hoxe da autorización por parte do Goberno central dun punto de depósito para os áridos que se extraian do fondo mariño.

Neste sentido, a Xunta lembra que o Ministerio de Transición Ecolóxica decidiu en 2021 non autorizar máis verteduras de áridos no punto exterior de Sálvora, autorizado para esta actividade durante as últimas dúas décadas. Esta obra paralizou todas as dragaxes do litoral galego ao sur de Muros. O Ministerio solicitou entón a Portos de Galicia un estudio de alternativas de novas zonas de depósito para poder retomar estas obras.

Portos de Galicia elaborou remitiu dito estudio e de novo o Goberno central requeriu información complementaria que a Xunta enviou o pasado mes de xullo. Tras o novo envío de documentación, corresponde agora ao Ministerio autorizar en base a ela un punto de depósito dos áridos que permita desbloquear a dragaxe do Lérez e as do resto da franxa sur da comunidade. Por este motivo, o Goberno galego require ao Ministerio axilidade para poder avanzar definitivamente neste proxecto que xa conta con consignación orzamentaria.