Skip to Content

Asset Publisher

Back

O Presidente de Portos de galicia reseña a importancia das obras de dragaxe para a seguridade e operativa portuaria

  • José Antonio Álvarez compareceu na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia para informar dos traballos previstos para Miño, Barallobre e Pontedeume cun investimento de 1,3 millóns de euros

 

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2026.- O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, compareceu esta mañá na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo para informar sobre as dragaxes que impulsa o seu departamento nos peiraos de Miño, Barallobre e Pontedeume. Álvarez Vidal destacou a importancia das obras de dragaxe para a seguridade e a operativa portuaria, necesarias non só para a recuperación de calado senón tamén en moitos casos para o abrigo da frota. Neste sentido, o presidente de Portos de Galicia fixo un chamamento á colaboración de todas as administracións durante a tramitación ambiental destas obras, que require informes estatais, autonómicos, locais e que nalgúns casos rexistran retrasos de ata case dous anos.

Respecto ás obras de Miño, Barallobre e Pontedeume, o presidente de Portos lembrou que darán comezo nesta primavera e beneficiarán a un total de case 300 embarcacións profesionais e náutico recreativas. Os traballos contarán cun investimento do ente público de 940.000 euros, aos que se suman 120.000 euros máis dos estudios ambientais previos e 235.000 do programa de vixilancia ambiental.

José Antonio Álvarez subliñou que os traballos, contratadas conxuntamente polas súas características similares e proximidade, permitirán recuperar os calados que mellorarán a operatividade das dársenas en condicións de seguridade. As obras terán un prazo de execución de 9 meses unha vez iniciadas. En total nos tres portos dragarase un volume total estimado en preto de 38.000 metros cúbicos de áridos. Para a execución das obras está previsto o emprego dunha draga de culler que transportará o material extraído ata o punto de vertedura en alta mar.

Finalmente, durante a súa intervención, o presidente de Portos fixo referencia a outras actuacións de dragaxe nas que o ente público está a traballar á espera de recibir os informes favorables da Administración Xeral do Estado, para poder licitar as obras, como é co caso de Espasante, en Ortigueira ou Morás, en Xove.