Asset Publisher
PORTOS DE GALICIA E O CONCELLO DE RIANXO REGULARÁN NUN CONVENIO A XESTIÓN DA DEPURADORA MUNICIPAL
Rianxo (A Coruña), 12 de setembro de 2025.- O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, para abordar vías de colaboración entre ambas administracións. No encontro acordaron que ambas partes subscribirán un convenio de colaboración que regule a explotación a cargo do Concello da depuradora e o tanque de tormentas.
Ambas infraestruturas xa existentes foron construídas en base a outro convenio asinado en 2018 por Portos de Galicia, o Concello de Rianxo e Augas de Galicia para facilitar esta instalación de interese público. A través do próximo convenio e a regulación da explotación da depuradora, Portos de Galicia contribúe a facilitar a tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Rianxo. O ente público enmarca estas xestións na vontade de colaboración institucional en beneficio dos usuarios dos portos autonómicos e do conxunto da veciñanza das vilas mariñeiras.