Skip to Content

Asset Publisher

Return to Full Page
Back

Natalia Botana aborda co presidente de marinas de galicia as prioridades portuarias do sector náutico

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2026.- A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, mantivo esta mañá unha reunión institucional co presidente da asociación Marinas de Galicia, José Manuel García, quen é tamén director do porto deportivo Sadamar, en Sada. No encontro, celebrado na sede do ente público en Santiago, Botana mostrou a súa total disposición a coordinar cos xestores dos portos deportivos autonómicos os principais eixos de traballo do ente público que preside desde o pasado 17 de xuño.

A reunión co presidente da patronal de mariñas galegas enmárcase na rolda de primeiros encontros institucionais da presidenta de Portos de Galicia, que está a recibir aos principais representantes do sector marítimo portuario, tanto profesional como náutico recreativo. O obxectivo destes encontros é realizar unha escoita activa das necesidades e prioridades dos operadores portuarios para traballar da súa man para continuar desenvolvendo as infraestruturas e servizos dos peiraos autonómicos.

Durante a reunión a presidenta de Portos reiterou a súa vontade de impulsar a calidade nas instalacións e servizos para reforzar o posicionamento da comunidade como destino náutico diferenciado e aportar valor engadido á oferta turística da costa galega.