Skip to Content

Asset Publisher

Back

ANUNCIO do 5 de novembro de 2025 de trámite de información pública do estudo de impacto ambiental do proxecto de remodelación das instalacións portuarias de Corcubión (expediente PRG-2021-0338).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), sométese ao trámite de información pública o estudo de impacto ambiental do proxecto de remodelación das instalacións portuarias de Corcubión.

Durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación estará dispoñible ao público para a súa consulta na seguinte ligazón da páxina web de Portos de Galicia: https://portosdegalicia.gal/es/web/portos-de-galicia/procesos_informacion_publica O proxecto básico de remodelación das instalacións portuarias de Corcubión será sometido á avaliación de impacto ambiental ordinario. Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Durante o prazo sinalado, as alegacións, observacións ou suxestións que as persoas interesadas consideren oportunas serán dirixidas ao presidente de Portos de Galicia, por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2025

 

José Antonio Álvarez Vidal

Presidente de Portos de Galicia

 

Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces:

 Anuncio no DOGA Nº 218 do estudio de Impacto Ambiental Remodelacion porto de CORCUBION.pdf

 Estudio de Impacto Ambiental Remodelacion porto CORCUBION.pdf

 

NOTA: Advertido un erro no contido do documento do proxecto básico de remodelación das instalacións portuarias de Corcubión publicado no anuncio, no DOGA Nº 218, do 11 de novembro de 2025, procedese á corrección do erro actualizando na seguinte ligazón o documento correcto do referido proxecto básico.

 Proxecto básico Impacto Ambiental Remodelacion porto CORCUBION.pdf