Acordo do Consello Reitor polo que se acorda a delegación de competencias na presidenta para a resolución das reclamacións patrimoniais das administracións públicas (18/11/2020).
Resolución do 25 de febreiro de 2019 de acordo de delagación de competencias do presidente da EPE Portos de Galicia nas xefaturas de zona.
Resolución do 29 de agosto de 2018 pola que se fai público o Acordo do Consello Reitor da entidade pública empresarial Portos de Galicia, polo que se delegan na Presidencia desta as competencias do Consello Reitor, previstas nos artigos 13.3.m) e 23.5 da Lei 6/2017, e parcialmente as competencias previstas no artigo 16.4 no que atinxe á resolución de recursos de alzada contra actos administrativos que emita a Dirección con motivo da resolución dos procedementos sancionadores que lle competen en virtude do previsto no artigo 144.1.a) da dita Lei 6/2017. DOG 177 do 17/09/2018.
Resolución do 9 de xullo de 2018 pola que se fai público o acordo de delegación de competencias do presidente na dirección desta entidade.
Orde da Consellería do Mar-Xunta de Galicia, do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia. D.O.G. xoves, 21 de setembro de 2017.
Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 30 de marzo de 2012 de delegación de competencias no secreario xeral técnico, secretarios xerais e xefes territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar e no presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.
Acordo do 27 de marzo de 2023 sobre delegación da sinatura da competencia para outorgar autorizacións de atracada de embarcacións deportivas e profesionais.