Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Acta da xuntanza do 2 de Abril de 2024 da comisión permanente do proceso de elaboración dunha lista de contratación temporal na categoría profesional de celador/a gardapeiraos

En Santiago de Compostela, sendo as 13:00 horas do día 2 de abril de 2024, reúnese a Comisión Permanente de Portos de Galicia correspondente ao proceso de elaboración dunha lista de contratación temporal na categoría profesional de celador/a garda peirao nomeada por resolución da Presidenta de Portos de Galicia o 8 de xaneiro de 2020. Comparecen por videoconferencia Antonio López Fernández e Manuel Bautista Lorenzo.

En ningún dos membros da Comisión Permanente concorren causas de abstención das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público, nin algunha das circunstancias previstas no artigo 59.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia.

O motivo da xuntanza é o de examinar as reclamacións presentadas sobre as puntuacións da lista provisional feita pública na acta do 21 de febreiro de 2024, e unha vez resoltas as mesmas, elevar a proposta de puntuación para a súa aprobación como puntuación definitiva.