Publicador de contenidos
Atrás
ÁBRESE O PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE UTILIZACIÓN DE DEPARTAMENTO Nº 4 NAVE DE USUARIOS, NO PORTO DE CORME
Ábrese o prazo, ata o 7 de marzo, para presentación da solicitudes de utilización de departamento nº 4 (nave de usuarios) no Porto de Corme. As solicitudes presentaranse nas Oficinas da Zona centro do Ente Público Portos de Galicia situadas na Avenida Alférez Provisional 5-1º, 15006 A Coruña. Ou na forma indicada no artigo 38.4 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Das solicitudes presentadas, darase preferencia a:
- Armadores, sempre que a actividade acreditada xustifique a necesidade do departamento, e non dispoña de outro departamento autorizado neste porto.
- Exportadores
- Armadores de 7ª lista, con preferencia os que teñan autorizada unha praza de amarre no porto ou teñan base nese porto; e non dispoña de outro departamento autorizado neste porto.
Información adicional: Texto da disposición