Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Anuncio de licitación do “SERVIZO DE TRABALLOS DE MANTEMENTO, REPARACIÓN E PEQUENA INVERSIÓN DAS INFRAESTRUTURAS PORTUARIAS XESTIONADAS POLA ENTIDADE PÚBLICA EMPRESARIAL PORTOS DE GALICIA” (Exp. PRG-2021-0132)

Con data 23 de novembro de 2021 foi enviado ao Diario Oficial da Unión Europea o Anuncio de licitación, mediante procedemento aberto, sistema multicriterio e expediente anticipado de gasto, para a contratación do “SERVIZO DE TRABALLOS DE MANTEMENTO, REPARACIÓN E PEQUENA INVERSIÓN DAS INFRAESTRUTURAS PORTUARIAS XESTIONADAS POLA ENTIDADE PÚBLICA EMPRESARIAL PORTOS DE GALICIA”.

  • Expediente PRG-2021-0132, suxeito a regulación harmonizada. 

Na mesma data faise público, no SILEX e no Perfil do Contratante, o Anuncio de licitación do devandito servizo.

 

Toda a documentación referida á dita licitación, e necesaria para poder preparar as ofertas, atópase publicada no Perfil de Contratante de Portos de Galicia, ao que se pode acceder a través do seguinte enlace:                                               

https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=34&OR=34&SORT=2&ORDER=2

 

Pode descargar os arquivos en formato "bc3" relativos aos presupostos dos lotes 1 y 2 da licitación dende os seguintes enlaces:

 

(*) NOTA INFORMATIVA SOBRE OS DOCUMENTOS EN FORMATO BC3:

 

Estes arquivos bc3 son os correspondentes aos presupostos dos lotes 1 e 2 que figuran no Prego de Prescricións Técnicas Particulares (PPTP) que rexen a licitación do “SERVIZO DE TRABALLOS DE MANTEMENTO, REPARACIÓN E PEQUENA INVERSIÓN DAS INFRAESTRUTURAS PORTUARIAS XESTIONADAS POLA ENTIDADE PÚBLICA EMPRESARIAL PORTOS DE GALICIA”.

Sen embargo, os presupostos válidos son os do PPTP, asinado o 23.09.2021 polo xefe da Área de Infraestruturas, Medio Ambiente e Seguridade e aprobado pola Presidenta da entidade pública empresarial Portos de Galicia, mediante Resolución do 18.11.2021, xa que estes arquivos son únicamente arquivos de axuda para a preparación da información. Son arquivos intercambio xeral que poden sufrir cambios no proceso de exportación/importación dos arquivos, en función do programa empregado e, por tanto, deben usarse coas cautelas de comprobación cos presupostos do Prego de Prescricións Técnicas Particulares firmado e aprobado.”

 

(**) O prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro 17 de decembro de 2021