Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Anuncio de licitación do “SUBMINISTRO DE VESTIARIO, ROUPA DE TRABALLO E CALZADO PARA O PERSOAL DA ENTIDADE PÚBLICA EMPRESARIAL PORTOS DE GALICIA” (Exp: PRG-2022-0069)

Con data 20 de maio de 2022 foi publicado no Perfil de Contratante da EPE Portos de Galicia o Anuncio de licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, relativo á contratación do “SUBMINISTRO DE VESTIARIO, ROUPA DE TRABALLO E CALZADO PARA O PERSOAL DA ENTIDADE PÚBLICA EMPRESARIAL PORTOS DE GALICIA”.

  • Expediente PRG-2022-0069, non suxeito a regulación harmonizada.

Na mesma data faise público, na Plataforma SILEX o Anuncio de licitación do devandito subministroa través da que os licitadores deberán de presentar electrónicamente as súas ofertas (SOBRES A-Docum. Admtva.- E SOBRES B –Docum. Avaliable mediante fórmulas), agás o SOBRE DE MOSTRAS PARA SOLVENCIA, que, polo seu contido (mostras de roupa e calzado), deberá ser presentado FISICAMENTE NAS OFICINAS DOS SERVIZOS CENTRAIS DE PORTOS DE GALICIA, sitas na praza de Europa, 5-A, 6º, 15.707, Santiago de Compostela (A Coruña)

 

Toda a documentación referida á dita licitación, e necesaria para poder preparar as ofertas, atópase publicada no Perfil de Contratante de Portos de Galicia, ao que se pode acceder a través do seguinte enlace:

https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=34&OR=34&SORT=2&ORDER=2

 

O prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro 6 de xuño de 2022.