Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

A presidenta de Portos de Galicia supervisa os traballos de fabricación dos pantaláns de Rianxo, Sada e a Pobra do Caramiñal

Tui (Pontevedra), 7 de marzo de 2022.- A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, visitou nos últimos días as instalacións da empresa especializada en instalacións náuticas, Ronáutica, para supervisar os traballos que a firma está a facer para a fabricación dos pantaláns de Rianxo, Sada e A Pobra do Caramiñal. A responsable do ente dependente da Consellería do Mar coñeceu as instalacións desta empresa, situada no polígono industrial de Tui, entre elas a nave de almacenaxe, ao tempo que comprobou os labores de fabricación das pezas -tanto os módulos como fingers para ordenar a atracada- que se usarán para a renovación dos pantaláns destes tres portos coruñeses.

Portos de Galicia ten en execución na actualidade as obras de modernización das instalacións aboiantes dos portos de Rianxo, Sada e A Pobra do Caramiñal co obxectivo de mellorar a seguridade e accesibilidade das embarcacións, ademais de optimizar a utilización das augas abrigadas. Estas actuacións, que supoñen un investimento de 2 millóns de euros, contribuirán a mellorar as condicións de traballo e facilitar o labor dos distintos usuarios dos tres portos.