Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

PORTOS DE GALICIA CONTRATA POR 355.000 EUROS AS OBRAS DE MELLORA DOS PANTALÁNS DO PEIRAO DE TESTAL, EN NOIA

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2021.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ven de contratar as obras de mellora das instalacións de atracada no porto de Testal, no municipio coruñés de Noia. O ente público que preside Susana Lenguas, inviste 355.000 euros nesta actuación, que contará cun prazo de execución de 4 meses dende o seu inicio.

Os traballos consisten na substitución do pavimento actual dos pantaláns por un de maior durabilidade. Ademais melloraranse os servizos dos pantaláns, instalarase iluminación, elementos de seguridade como escadas abatibles, e sinalización marítima. Xunto a esto, poranse en funcionamento as torretas existentes e limparanse e repintaranse frotadores e pilotes.

A esta actuación responde a unha demanda reiterada do sector portuario de Noia unese outra prevista por Portos de Galicia como é a dragaxe do peirao. Este proxecto atópase actualmente en fase de tramitación ambiental.