Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Portos de Galicia inicia as obras de dragaxe do peirao de Lorbé

Oleiros (A Coruña), 3 de maio de 2022.- Portos de Galicia, vén de iniciar esta semana as obras de dragaxe de rochas no porto de Lorbé, no municipio coruñés de Oleiros. Esta actuación permitirá a retirada dunha rocha en augas portuarias exteriores á dársena nunha zona de cota -4 respecto á baixa mar.

Esta actuación pretende dar resposta á necesidade xurdida polo complicado acceso marítimo ao porto de Lorbé debido á presenza desta rocha na canle de entrada. O obxectivo da dragaxe é precisamente facilitar e manter as condicións de navegabilidade de forma segura.

Portos de Galicia inviste preto de 50.000 euros nestes traballos que se executarán mediante perforación hidráulica realizada por un equipo de mergulladores profesionais.