Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Portos de Galicia inicia as obras de dragaxe do peirao do Grove

Imaxe do porto do GroveSantiago de Compostela, 27 de maio de 2021.- Portos de Galicia, vén de iniciar as obras de dragaxe no porto do municipio pontevedrés do Grove. O ente público que preside Susana Lenguas, inviste 127.000 euros nesta actuación que contará cun prazo de execución de tres meses. 

Os traballos consisten na extracción de áridos en parte da dársena ata acadar a cota -2 en baixa mar. O volume total de material para dragar é de 4.000 metros cúbicos procedentes de solo mariño. Esta actuación responde a unha demanda reiterada do sector portuario do Grove e permitirá recuperar o calado necesario para a normal operatividade do peirao, así como o acceso, amarre e fondeo da frota en condicións de seguridade.