Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Portos de Galicia presentará ao concello de poio, confraría e entidades locais o proxecto de adecuación da superficie de acceso ao porto de Raxó

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2022.- A Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia e da Delegación Territorial de Pontevedra, presentará este mércores ao Concello de Poio, confraría e entidades locais o proxecto de adecuación da superficie de acceso ao porto de Raxó. A presidenta do ente dependente da Consellería do Mar, Susana Lenguas, e o delegado pontevedrés, Luis López, presidirán a reunión que terá lugar na sede da Xunta na capital pontevedresa.

O obxectivo deste encontro é dar a coñecer o contido do proxecto que Portos de Galicia acaba de redactar para reordenar a circulación peonil e rodada no acceso ao porto de Raxó e redistribuír os espazos da contorna. O ente público investiu 18.000 euros neste proxecto que define unha actuación que conta cun orzamento de 630.000 euros.