Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Portos de Galicia reparará os danos ocasionados polos últimos temporais na rampa do porto Oleirense de Santa Cruz

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2022.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, procederá á reparación dos danos ocasionados polos últimos temporais no porto de Santa Cruz, no municipio coruñés de Oleiros. O organismo portuario vén de iniciar as xestións para a execución desta reparación, unha vez detectados ditos estragos nunha inspección regular dos seus técnicos.

Os traballos de reparación tramitaranse como unha necesidade urxente que evite a progresión do deterioro ocasionado pola acción do mar e que ten a súa orixe nas últimas borrascas que afectaron a costa coruñesa. En concreto, repararanse os danos rexistrados no muro de contención así como no pavimento portuario.