Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Volver a la página índice
Atrás

PORTOS DE GALICIA AUTORIZA O USO DO PORTO DE BUEU PARA A REURBANIZACIÓN DA CONTORNA DE MONTERO RÍOS

•A actuación proxéctase na zona arredor da praza de abastos da localidade, emprazada en terreo portuario.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2025.- Portos de Galicia, resolveu autorizar ao Concello de Bueu a utilización das instalacións portuarias da localidade para realizar as obras de reurbanización da contorna da rúa Montero Ríos. A actuación proxectada abrangue a zona da praza de abastos, que se empraza en terreo de dominio público portuario.

A actuación prevista contempla a modificación de beirarrúas e cambios de pavimento para acadar unha plataforma única. Trátase, polo tanto dunha autorización de utilización dos terreos portuarios para desenvolver actividades doutra natureza coa que Portos de Galicia, en favor da colaboración institucional, contribúe á mellora de infraestruturas municipais que redundan no beneficio da veciñanza, non só dos usuarios do porto.

En virtude do documento emitido, o Concello de Bueu farase responsable da correcta execución da actuación autorizada e do seu mantemento posteriormente. Portos de Galicia será titular da infraestrutura renovada, que deberá permanecer por un prazo de alomenos 5 anos.