Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Volver a la página índice
Atrás

Portos de Galicia conclúe a reparación da nave de departamentos para usuarios do porto de laxe cun investimento de 60.000 euros

  • As actuacións executadas por Portos de Galicia consistiron na mellora das fachadas e da estrutura do inmoble.

 

Laxe (A Coruña), 16 de marzo de 2023.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, rematou as obras de reparación da estrutura da nave de departamentos para usuarios do porto coruñés de Laxe tras un investimento de 60.000 euros. Cos traballos realizados os locais quedan en condicións óptimas para prestar servizo aos profesionais da zona nos vindeiros anos.

A actuación realizada incluíu a mellora da envolvente e o arranxo doutras deficiencia da estrutura de diferentes patoloxías da estrutura. Con estas obras o ente público contribúe á mellora das condicións de traballo dos profesionais que desenvolven a súa actividade no porto de Laxe e á revalorización das infraestruturas portuarias.

Portos de Galicia ten previsto realizar nos vindeiros meses outros investimentos no porto de Laxe, como a instalación de seis escaleiras acompañadas de defensas de laterais para mellorar as condicións de amarre e acceso ás embarcacións dos usuarios. Esta actuación conta cun orzamento que supera os 30.000 euros.